Lembras?
Cando tendías o pranto sobre os meus brazos.Cando abrías cun sorriso o día ao meu carón,
desbrozando os recunchos de soidade,
afastando a dor, o murmullo sordo do ar en calma.
Lembras?
Aquelas noites de inverno nas que me sentías cerca.
Aquelas tardes de verán nas que me bicabas na area,
ante o mar, marcado de profunda serenidade,
achegando os pes ás ondas, contentos, calados.
Lembras?
Os días que sufrimos, agonizamos, choramos e morremos.
Os días que gozamos de inmensurable ledicia vendo o sol poñerse,
desfrutando dos momentos xuntos, facendo burla das sombras
que ameazaban a luz do noso mundo.
Felices.
Si.
Felices.
Nesos momentos nos que compartía,
esos que compartía contigo,
momentos nos que compartiamos,
a Vida.